No próximo mes de xuño cumpriranse 27 anos do pasamento de Avelino Gómez Ledo (1893-1977), sacerdote, escritor e tradutor chantadino. Gómez Ledo chegou a traducir a totalidade das obras de Virxilio e está considerado como un dos pioneiros da tradución ao galego das obras clásicas grecolatinas. O manuscrito da tradución da Eneida que fixo Gómez Ledo está depositado no mosteiro de Oseira e mantense inédito a dÃa de hoxe. O profesor Xesús Alonso Montero reivindicou recentemente a recuperación da figura e a obra do escritor e tradutor de Chantada, e MarÃa Olga Varela, co-autora do libro “Avelino Gómez Ledo no seu centenario” considera que o sacerdote chantadino reúne méritos máis que suficientes para dedicarlle o DÃa das Letras Galegas. Desde o Concello de Chantada non hai iniciativas actualmente nese sentido pero non descartan facelas no futuro.
Máis información en La Voz de Galicia