Logo de iniciarse na realización documental con “Santa liberdade”, Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) presentará este ano dous novos traballos. O primeiro céntrase na figura do pioneiro do documental lucense, e un dos grandes animadores do cineclubismo en Galicia, Carlos Varela. Ledo ten previsto presentar o documental en xuño, cando se cumpre o 25 cabodano de Varela por mor dun accidente. O segundo traballo verá a luz con outro cabodano, será o 8 de setembro e achegarase ao perfil do escritor Manuel MarÃa. No traballo pretende achegarse a súa figura desde un punto de vista didáctico. Este documental foi unha encarga da Asociación Socio-pedagóxica Galega, A Asociación de Escritores en Lingua Galeg, CIG-Ensino e A Mesa.
Máis información en El Progreso