Dúas ONG poñen na rede os relatos da campaña de contacontos que desenvolven en colexios desde o ano 2000

Contos con valor

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
As organizacións non gubernamentais Bicis pola Paz de Chantada, que ten por obxectivo fomentar o eco-transporte nos proxectos de desenvolvemento, e Papaventos de Garabelos, que fai animación medioambiental e cultural, levan desde o ano 2000 facendo unha campaña de contacontos por colexios de toda Galicia e Portugal para financiar as súas actividades. Os relatos que levaron ante máis de vinte mil nenos, de contido pedagóxico e que transmiten valores humanitarios indiscutíbeis como a xustiza e a solidariedade, están agora dispoñíbeis en Internet nunha páxina que as dúas asociación usan para darse a coñecer e difundir as súas mensaxes.

Máis información no web Contosolidarios.org

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Internet, Animación, Chantada...