Saias do mar, a nova coprodución do Centro Coreográfico Galego xunto a ArtístiKa Producciones, terá a súa estrea este domingo 26 de abril, ás 18,00 h., no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, onde representará por vez primeira diante do público unha peza inspirada no Camiño da Traslatio e que homenaxea a muller galega como forza ancestral. A proposta foi a elixida na modalidade de compañías emerxentes na última convocatoria para coproducións de danza da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, co obxectivo de facilitar a incorporación á escena galega de novos colectivos con potencial creativo.
Juan Miguel Hernández é o autor da coreografía desta montaxe dirixida por Nerea Andrés, e ambos forman tamén parte do elenco xunto a Dayron Rodríguez, Irene Lorenzo, Laura Pereiras, Lucía Fontenla, Alba Fariña e Zoe Amor. A proposta, de 40 minutos de duración e pensada para poder executarse en todo tipo de espazos, complétase cunha selección musical de Rosa Cedrón, Daniel Minimalia e Luar na Lubre, vestiario de Santos Salgado e atrezzo de Elva Bernat. Inspirada no Camiño da Traslatio, Saias do mar é un espectáculo de danza contemporánea que homenaxea a muller galega como forza ancestral ligada ao mar. A peza transforma o corpo nun territorio fluído e propo?n unha lectura coreogra?fica do feminino como memoria viva e indómita, depositaria dunha herdanza espiritual e simbo?lica, vencellada a? ruta sagrada que trouxo o corpo do apo?stolo Santiago por vi?a mari?tima ata estas terras.


