O Diario Oficial de Galicia deste 17 de abril recolle a convocatoria de axudas para a realización de "festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado". A liña de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais apoia eventos deste tipo organizados por entidades non lucrativas cun total de 75.000 euros.
Segundo recolle a orde, apoiaranse ao abeiro desta convocatoria eventos cunha duración entre 2 e 6 dias cun máximo de 10.000 euros por festival. A programación deberá contar cun mínimo dun terzo de grupos e compañías galegas e deberá ser de entrada gratuíta. O prazo de presentación de solicitudes está aberto durante un mes a partir do día 18 de abril.
