O Diario Oficial de Galicia deste 16 de abril publica a convocatoria de subvencións para a participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia. Esta liña de axudas, que conta cun orzamento total de 20.000 euros, está dirixida a persoas con interese en participar en programas de apoio á creación deste tipo.
As axudas previstas ascenden a un máximo de 5.000 euros por persoa, con limites de 500 para gastos de viaxe a residencias no territorio estatal, que ascenden a 900 cando o programa se desenvolva en países europeos e da ribeira do Mediterráneo e a 1.600 para o resto do mundo. A estes súmanse gastos de estadía e mais dietas por desprazamentos internos no lugar de destino.
As persoas interesadas, que deberán contar coa aceptación da correspondente residencia, comprométense a desenvolver en lingua galega o proxecto literario para o que solicitan a axuda, e dispoñen un mes a partir deste 17 de abril para presentar a súa solicitude.
