Ismael Ramos é un dos gañadores do O. Henry Prize 2026 de relato

Trátase dun prestixioso premio literario ganado por grandes literatos do século XX

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ismael Ramos / Wikipedia

Ismael Ramos / Wikipedia

O poeta e escritor Ismael Ramos foi un dos gañadores do premio O. Henry 2026 de relato, un galardón prestixioso que desde 1919 valora relatos publicados de espazo internacional. Ramos ganou coa tradución ao inglés do seu relato "A lebre", publicado na revista The Common e traducido por Jacob Rogers. "The hare" ganou canda outros dezanove autores, como Colm Tóibín ou Brandon Taylor, e o seu relato será publicado na antoloxía anual que edita Penguin Random House cos ganadores. "A lebre" fora publicado inicialmente en A parte fácil (Xerais, 2023). O premio de relato O.Henry foi ganado ao longo da historia por figuras tan prestixiosas como William Faulkner ou Raymond Carver, entre outros. A elección dos relatos vai da man dun editor e editora convidada, que fai a selección de vinte ganadores, e que este ano é Jenny Minton Quigley. 

Que che parece esta nova?
189 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ismael Ramos, William Faulkner, Tradución

Claves

Conceptos