Antón Patiño presenta obras novas na Galería Luisa Pita

A exposición 'Aventura da mirada' reúne 17 pinturas creadas nos tres últimos anos

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Obra de Antón Patiño incluída en 'Aventura da mirada' Foto: Galería Luisa Pita

Obra de Antón Patiño incluída en 'Aventura da mirada' Foto: Galería Luisa Pita

'Aventura da mirada' é título co que a Galería LUISA PITA de Santiago de Compostela presenta ata o 28 de maio unha nova exposición de Antón Patiño. Na mostra, que ven a coincidir coa clausura da máis recente 'Auga e soño' do artista no Palexco da Coruña, presenta 17 pinturas sobre tela realizadas no período máis recente do artista, entre os anos 2023 e 2026. 

Esta posibilidade de acceder ao traballo actual deste artista de longa e sólida traxectoria propón un percorrido aberto ao redor da propia percepción, onde a mirada non só olla, senón que desprázase, constrúe e activa a propia obra. Neste conxunto de obras, a pintura prantéxase como un campo activo no que conviven enerxía xestual e estrutura. As teas articulan composicións dinámicas onde a cor, lonxe dunha función meramente descritiva, actúa como elemento xerador de ritmo e espazo. A obra de Patiño sitúase así nun territorio no que o orgánico e o construtivo se relacionan en constante tensión. Antón Patiño (Monforte, 1957) é unha figura fundamental da arte plástica galega e española contemporánea e membro destacado da xeración de Atlántica ten obras en centros de arte contemporánea destacados a nivel internacional e presentado exposición individuais en espazos de referencia internacional.

Que che parece esta nova?
171 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A arquitectura como xuízo

A arquitectura como xuízo

A exposición 'Ante a lei' de Lluís Hortalà está aberta no CGAC en Santiago de Compostela ata o 31 de maio

Labirintos

Labirintos

A galería SCQ exhibe as constantes da obra recente de Antón Patiño

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Patiño, Galería, PALEXCO, Santiago de Compostela...