Afúndese parte do tellado da igrexa parroquial de Carboeiro

O derrubo non afectou a elementos ornamentais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Canzorros da igrexa parroquial de Carboeiro, por sorte non afectados polo derrubamento. Foto: concello de Silleda

Canzorros da igrexa parroquial de Carboeiro, por sorte non afectados polo derrubamento. Foto: concello de Silleda

A igrexa parroquial de Carboeiro (Silleda) sufriu o afundimento de parte do seu tellado na noite do venres ao sábado, sen afectar a persoas. A trabe máis antiga do teito venceu, provocando un derrubamento sobre parte da nave que non afectou o altar maior ou ao caro, nin á colección de canzorros románicos que ten a nave no exterior. A igrexa parroquial non é o mosteiro de Carboeiro, tamén na mesma parroquia e curiosamente afectado por accións vandálicas na súa inscrición fundacional recentemente. As imaxes do interior xa foron postas a resgardo e o edificio precintado. 

Que che parece esta nova?
169 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mosteiro de Carboeiro, Silleda