Os Premios Follas Novas anuncian as 40 obras finalistas na súa edición 2026

Os galardóns entregaranse o vindeiro 9 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:
De esquerda a dereita, Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Patricia Porto, Pepe Barro, Miguel Toval e Anxo Lorenzo debaixo do loureiro de Rosalía de Castro do que saíron as follas do novo galardón e imaxe gráfica

De esquerda a dereita, Anxo Angueira, Cesáreo Sánchez Iglesias, Patricia Porto, Pepe Barro, Miguel Toval e Anxo Lorenzo debaixo do loureiro de Rosalía de Castro do que saíron as follas do novo galardón e imaxe gráfica

Os premios Follas Novas do Libro Galego renovan imaxe e formato de xurado nesta nova edición. Corenta obras son finalistas dos premios ata o vindeiro 9 de maio no que se darán a coñecer as obras gañadoras en cada unha das categorías. Como ven sendo tradicional, coñeceranse na gala de entrega que terá lugar no Teatro Principal de Santiago. 

Os premios están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Nesta edición chegan á final arredor de 40 escritores, tradutores e ilustradores xunto con máis de 20 editoriais. As obras finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso de selección de tres fases, que supón unha lectura e valoración da produción editorial galega.

A Editorial Galaxia, con oito obras finalistas, é a máis presente neste listado de libros do ano 2025. Tras dela, con seis obras está a produción editorial de Edicións Xerais e segue como editorial máis presente na selección de obras finalistas a editorial Kalandraka. Só nas categorías de Libro de Poesía e Libro Mellor editado non están presentes as publicacións destas tres grandes editoras. Outras moitas editoriais teñen presenza ata completar as 20 mencionadas na lista de finalistas presentada hoxe na Casa de Rosalía. No relativo aos Premios de Promoción da Lectura, decidirase entre a Libraría Cartabón de Vigo, a SELIC Semana do Libro de Compostela e o Club de lectura feminista A Lila + A Sega, tamén en Santiago de Compostela.

Para renovar a identidade gráfica nesta edición, a organización quixo contar co traballo de Pepe Barro. O deseñador explicou sobre o novo deseño que toda a imaxe dos Premios Follas Novas está pensada desde a forza do lugar, a Casa de Rosalía, coa forza vexetal e coa forza da terra, mesmo coa propia imaxe de Rosalía de Castro. O novo galardón inclúe unha folla do loureiro da propia casa da Matanza.

 

FINALISTAS DOS PREMIOS FOLLAS NOVAS DO LIBRO GALEGO 2026

 

PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN                         

 

Vidas e historias LGBT da Idade Media. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia

 

As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936. Carmen V. Valiña. Editorial Galaxia

 

Ruth Matilda Anderson. Tradutora das marxes. Alba Rodríguez Saavedra. Laiovento

 

 

PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN                   

 

Somos pandeireteiras. VV.AA. Edicións Xerais de Galicia

 

Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia? Susana Reboreda Morillo (coord.). Editorial Galaxia

 

Vigo na liña do tempo. Manuel Bragado. Instituto de Estudos Vigueses

 

 

PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA                       

 

Son como glaciares os barcos de aceiro. Cynthia Menéndez. Editorial Galaxia

 

Punto de araña. Nerea Pallares. Editorial Galaxia

 

Sarela. Marga Tojo. Edicións Positivas

 

                             

 

PREMIO Á OBRA INFANTIL                     

 

Queco e Kika. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia

 

Pernascochas. Ramón D. Veiga e Blanca Millán. Antela Editorial

 

O Peculiar. Érica Esmorís. Cuarto de inverno

 

                             

 

PREMIO Á OBRA XUVENIL                     

 

Bruxas e dragóns. Ledicia Costas e Luismi Pérez. Triqueta Verde

 

O enigma de Sempreviva. Andrea Maceiras. Edicións Xerais de Galicia

 

Unha historia de amor coma outra calquera. Rosa Aneiros. Editorial Galaxia

 

 

 

PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO

 

Filla das ondas. Fina Casalderrey e Xosé Cobas. Kalandraka

 

A panadería. Lucía Belarte e David Lorenzo. Kalandraka

 

Alicia e a mestra de Oza. Iván R. e Paula Carballeira. Edicións Xerais de Galicia

 

 

PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR

 

A miña outra vida. Miguel Rojo. Retranca Editora

 

Adelina. Sandra Lodi. Editorial Galaxia

 

Rosalía Oculta. Paula Mayor. Editorial Galaxia

 

 

PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA             

 

XVIII Premios Compostela de álbum ilustrado. VV.AA. Kalandraka

 

Diarios. Syra Alonso. Alvarellos Editora

 

Guía ilustrada do Entroido Galego. Alba de Evan, Xabier Domínguez e Iria Prol. Edicións Xerais de Galicia

 

 

 

PREMIO Á OBRA TRADUCIDA               

 

Cos sinais da auga, de Lourdes Álvarez. Xavier R. Baixeras. Kalandraka

 

A máis recóndita memoria dos homes, de Mohamed Mbougar Sarr. María Alonso Seisdedos. Aira Editorial

 

O pequeno león, texto de Jacques Prevert e fotografía de Ylla. Tamara Andrés. Kalandraka

 

                       

 

PREMIO AO LIBRO DE POESÍA             

 

Insomnia. Luís Valle. Edicións Malafera

 

Mapa da estría. Andrea Nunes Brións. Chan da Pólvora

 

Arte menor. Susana Sanches Arins. aCentral Folque

 

                             

 

PREMIO AO LIBRO DE TEATRO                           

 

O proceso. Apaga o candil. Cándido Pazó. Editorial Galaxia

 

As fillas bravas de Momán. Chévere teatro. Kalandraka

 

Manchea. Andrea Freire. Baía Edicións e Xunta de Galicia

 

 

 

PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO               

 

Drácula. Bram Stoker. Aira Editorial

 

Autobiografía do vermello. Unha novela en verso. Anne Carson. Chan da Pólvora

 

A caligrafía das espigas. Carlos Negro. Apiario       

 

                             

 

PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA                  

 

Libraría Cartabón                       

 

SELIC Semana do Libro de Compostela                         

 

Club de lectura feminista A Lila + A Sega     

Que che parece esta nova?
328 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves