Catorce funcións compoñen o programa de TRC Danza para 2026

O ciclo dedicado ás artes do movemento bota a andar na Coruña este 11 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosdanza
Compartir:
Catorce funcións compoñen o programa de TRC Danza para 2026

A montaxe Quiso negro, de Ester Guntín, abre este 11 de abril a nova edición de TRC Danza. O ciclo de artes do movemento achega ao Teatro Rosalía de Castro da Coruña un total de 14 obras contemporáneas de danza de compañías galegas, estatais e internacionais ata o vindeiro mes de decembro.

Ata o verán visitarán tamén a cidade a Compañía Colombiana de Danza Contemporánea Incolballet de Cali a representar El vacío o domingo 10 de maio. Os portugueses Nuisis Zobop, con Quando vem a taciturna - De limiar en limiar o presente frágil actuarán á súa vez o 30 de maio. Dentro do programa inclúese tamén a colaboración co festival de artes escénicas inclusivas Corufest, con Orgía, de Miquel Barcelona, o venres 8 de maio. A sección do ciclo que se desenvolve no outono abrirá coa estrea absoluta de Ngoma, de La Guajira. O 8 de novembro poderá verse a representación de On time da man da Fundación Psico Ballet Maite León - Fritsch Company e no marco do Festigual. Cicatriz, de Kirenia Martinez e Antón Reixa fechará o programa o vindeiro 4 de decembro.

 

Javier Martín, con O ponto impropio A/S/V o 17 de abril, e o Colectivo Glovo con Alén o día 30 completan as propostas para a primavera. No outono o programa inclúe tamén a acción participativa Aburrimento: arquitecturas para o xogo escénico da man de Marta Alonso Tejada o día 8 de outubro. A mesma compañía presenta Dance Join no día seguinte, e o día 24 sobe ao escenario GN|MC Guy Nader & Maria Campos con Natural Order of Things. Carmen Fumero & Dácil González, con Mutar, romper, vibrar o día 30 de outubro e La Venidera a representar No o 27 de novembro completan as propostas escénicas do programa.

 

De xeito paralelo ás funcións, TRC Danza desenvolve un proxecto de mediación cultural e programación expandida a desenvolver diferentes encontros entre as compañías e artistas participantes e colectivos e comunidades da cidade. 

Que che parece esta nova?
146 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves