O ciclo metropolitano 'Elas son artistas' chega á súa novena edición

Pintura, poesía, teatro, circo, cómic e música conforman un programa espallado por sete concellos

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeMúsicaEspectáculosArte
Compartir:
Foto oficial da presentación con representantes de Concellos, artistas, empresas patrocinadoras e equipo do festival

Foto oficial da presentación con representantes de Concellos, artistas, empresas patrocinadoras e equipo do festival

A novena edición do ciclo Metropolitano pola Igualdade na Música e nas Artes 'Elas son artistas' terá o vindeiro 9 de abril a súa Festa de presentación na Sala Mardi Gras, onde comezou todo. A artista venezolana Georgina será a encargada de que a música comece a soar. Aínda que este ciclo acolle múltiples disciplinas artísticas. Este ano haberá pintura, poesía, teatro, circo, cómic e diversas actuacións musicais. Serán máis de vinte as actuacións que poda gozar o público, moitas delas gratuítas. 

A seguinte actuación será o día 24 de abril en Oleiros, no Auditorio da Fábrica. A madrileña La Otra ofrecerá un directo cun custe de catro euros a entrada, tras regresar da súa xira por Latinoamérica onte participou en varios festivais. O ciclo prolongarase ata o domingo 29 de novembro, día no que o espectáculo Fieralinda de Ede será o punto final desta novena edición. Xa coa ollada na décima. Silvia Penide, a nova directora, agradeceu o traballo realizado por Yolanda Villa a quen releva este ano ao fronte do proxecto. O ciclo presentará actividades nos concellos da área metropolitana da Coruña: Arteixo, Culleredo, Oleiros, Sada, Carral e Betanzos. A empresa construtora Citanias será a patrocinadora principal, xunto a Gadis, Coca-Cola, a Xunta de Galicia, a Asociación de Intérpretes e executantes e a República Musical Mardi Gras no capítulo de colaboradoras. 

 

Na Coruña están previstos, como mínimo, 10 eventos con 13 mulleres artistas como protagonistas. Serán nas salas de concertos: Garufa Club, Jazz Filloa e Mardi Gras, ademais de na Praza de Azcárraga, na Casa Museo María Pita, na Casa Museo Casares Quiroga, no Auditorio da Domus e no Teatro Colón. Sen descartar algún espazo máis que aínda non está confirmado.

Que che parece esta nova?
131 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves