Unha nova cita coa música en galego van de nacer na comunidade. O Cruceiro Fest, en Santiago de Compostela, terá lugar este mesmo mes de abril e reunirá no seu cartel dez propostas de música urbana que teñen en común tamén o uso da lingua galega.
Será o xoves 30 de abril, día previo ao festivo primeiro de maio, nunha carpa no aparcamento de Salgueiriños, en Amio (Santiago de Compostela) onde terá lugar a edición inaugural deste festival que xurde organizado pola Comisión de Festas do Cruceiro da Coruña 2026 e que ofrecerá nove horas de música. No cartel do festival destacan Lg1do e Guzmen, autores do tema viral Darche, acompañados por artistas emerxentes como Xian Pais, Willow Ghz, Lil Sam, Jallejo, Big Meu, Kid Mount, X Maseda e Ak Villar, así como polos DJs Kike Varela e Zarko. As entradas xa están á venda en Woutick. Este novo Cruceiro Fest e máis o festival Galegote de Pontevedra, son os únicos do país que teñen como liña a presentación de música en lingua galega.



