Os XXX Premios María Casares servirán de homenaxe a Manuel Lourenzo

A gala celebrarase este mércores na Coruña e poderá seguirse en directo en liña

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroEspectáculos
Compartir:
O acto contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a propia AAAG e Gloria Rico, directora da gala

O acto contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a propia AAAG e Gloria Rico, directora da gala

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) presentou esta mañá no Teatro Rosalía Castro da Coruña todos os detalles da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares, o principal recoñecemento das artes escénicas en Galicia. A gala deste ano terá como fío condutor a figura e a obra de Manuel Lourenzo, histórico actor e dramaturgo galego, Premio Nacional de Literatura Dramática en 1997, finado o pasado verán. Celebrarase este mércores 8 de abril ás 20:30 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña e poderá seguirse en directo por streaming.

Baixo a dirección de Gloria Rico, o espectáculo propón non a melancolía nin o eloxio fúnebre, senón a celebración. Rico, quen foi amiga, alumna e compañeira de traballo de Lourenzo, concibiu un espectáculo para os María Casares de marcada simboloxía: un escenario coroado por unha esfera como representación da perfección que encarna a figura do homenaxeado; o azul da zona do Valadouro; e as doas, as bolas tradicionais que se integran na vida cotiá da xente. Cores e formas que trasladan ao público á idea dunha festa popular.

 

No transcurso da presentación e, por primeira vez, presentouse o equipo artístico completo que subirá ao escenario o 8 de abril e dará vida ao espectáculo dirixido por Gloria Rico. No escenario coincidirán catro actores e actrices —Arantza Villar, Carlos Mosquera "Mos", María Barcala e Roberto Leal— xunto a un cuarteto musical: Josito Porto (voz, guitarra e gaita), Carlos Arévalo (batería), Rafa Otero (guitarra e baixo) e Sabela Dacal (acordeón e voz). A AAGG quere compartir este momento, premios e espectáculo co público, polo que a Gala poderá seguirse en directo vía streaming a través de YouTube

Que che parece esta nova?
144 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves