Comeza na Coruña a VII Semana do Cinema Galego

Oito proxeccións compoñen o programa, que se desenvolve entre o 7 e o 10 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
Compartir:
Comeza na Coruña a VII Semana do Cinema Galego

Oito filmes ao longo de catro día compoñen a programación da VII Semana do Cinema Galego. A Coruña acolle entre os días 7 e 10 de abril esta iniciativa da Academia Galega do Audiovisual co apoio de Concello e Deputación Provincial. O Teatro Colón e a Domus acollen as sesións desta iniciativa, que a organización reclama como "único evento dedicado ao 100% ao talento galego".

As longametraxes finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe de ficción e mellor documental protagonizan esta edición do ciclo, a achegar, segundo a organización "unha ampla panorámica da creación audiovisual galega actual, tanto na ficción como no documental, con propostas que abordan cuestións como a memoria histórica, a identidade, o rural ou as transformacións sociais". As proxeccións, de balde, estarán acompañadas por presentacións dos equipos dos filmes.

 

Sirât, de Oliver Laxe, abre as sesións no Teatro Colón ás 19 horas. Na mesma xornada poderá verse, a partir das 21 horas, As liñas descontinuas, de Anxos Fazáns. O día 8 estará protagonizado por San Simón de Miguel Ángel Delgado e mais por Antes de nós, de Ángeles Huerta, tamén no Colón.

 

A proxeccións trasládanse á Domus o día 9 con Deuses de pedra, de Iván Castiñeiras, e Ao son da nova regueifa, de Manolo Maseda e Saúl Rivas. A última sesión do ciclo será para O silencio herdado, de Lucía Dapena González, e 360 curvas, de Alejandro Gándara Porteiro e Ariadna Silva Fernández.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves