Manuel Caamaño. Foto: Santos Díez / AELG
O arquitecto técnico Manuel Caamaño finou onte aos 90 anos de idade. Galeguista e promotor de numerosas iniciativas sociais, culturais e políticas, Caamaño foi unha figura destacada na articulación das iniciativas do galeguismo desde o franquismo ata a actualidade. Foi membro fundador do PSG, de ADEGA, da Fundación Castelao, da Sociedade Cultural Escola Aberta, do Museo do Pobo Galego, e conselleiro da editorial Galaxia, SEPT e das revistas Teima e Tempos novos. Caamaño era un gran coñecedor da arquitectura tradicional galega e foi autor do libro de referencia As construcións da arquitectura popular. Patrimonio etnográfico de Galicia (2003).


