O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución pola cal a Axencia galega de Industrias Culturais resolve e adxudica a nova liña de axudas a programación musical en salas privadas. Estas subvencións supoñen un cambio no modelo anterior, que estaba directamente relacionado co programa da Rede Galega de Música ao Vivo. En total AGADIC reparte case 360.000 euros entre nove proxectos. Outras dez solicitudes quedaron excluídas ou desistiron.
Empresas promotoras son as destinatarias finais desta liña de subvencións de recente creación que despois redundarán en beneficio para as salas privadas onde leven a cabo as súas programacións e nos propios artistas. A concesión repártese en dúas anualidades, contando co ano actual e 2027. O maios importe concedido será para a empresa Artyc Content, S.L., que recibirá 50.000 euros da adminsitración autonómica para a súa "Programación salas de concertos de Galicia 2026-2027". A xuda de menro contía será por 34.000 euros para a empresa Esmerarte Industrias Creativas, S.L.U. Algo máis de 40.000 euros do orzamento ficaron sen adxudicar do orzamento 400.000 euros da convocatoria.

