A sétima edición do Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, convocado pola escola profesional do mesmo nome e a editorial Galaxia, trae este ano como novidade a posibilidade de concorrer en dúas categorías. Neste concurso poden participar todas as persoas matriculadas no 3º Curso Profesional de O Garaxe Hermético ou exalumnos/as que rematasen a súa formación nos 4 anteriores, que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro concurso ou certame. Se ata agora o cómic para adultos era o que primaba entre os traballos presentados e premiados o certame ofrece por separado unha categoría de cómic "infantil e xuvenil" de outra de "adulto", pera posibilitar a publicación de obra destinada a un público máis novo e crear lectores para este formato narrativo. Ademais, no caso da categoría para adultos as bases requiren que as obras a presentar sexan adaptación do libro 'Merlín e familia' de Álvaro Cunqueiro. Os premios inclúen a publicación dos traballos vencedores pola editorial Galaxia.




