A Escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético daba a coñecer esta fin de semana os seus galardóns anuais. O Premio de Fin de Curso, que inclúe a publicación da obra seleccionada, foille outorgado ex-aequo a Pablo Lloveres pola súa obra Amor Manual e mais a Yaiza Martínez pola BD infantil- xuvenil Paralaia. Os dous traballos verán a luz da man de Retranca Editora, con Amor Manual a abrir "Retranca Profunda" unha nova colección da editora dedicada a cómic underground.
En paralelo, anúnciase para este mes de agosto a oitava entrega do premiado fanzine Altar Mutante. Unha capa de Lucía Corral abre un número con colaboracións de Mateo Alvarellos, Abel Alves, Kike Benlloch, Diego Blanco, Lucía Corral, Manel Cráneo, Debelius, Kike J. Díaz, Don Rogelio J, Ana García, Álvaro López, Diego López, Penny Melgarejo, Xulia Pisón, Luis Sendón, Inés Vazquez e Dani Xove. Tamén da man de Altar Mutante sae á venda a segunda entrega da serie Amair, con guión de Kike Benlloch e debuxos de Álvaro López.