Pablo Simal e Iria Aldegunde fanse cos Premios Fin de Curso do Garaxe Hermético

Verán as súas obras publicadas por Retranca Editora

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa do traballo de Pablo Simal galardoado

Capa do traballo de Pablo Simal galardoado

A Escola de Banda Deseñada O Garaxe Hermético de Pontevedra deu a coñecer este tres de agosto o fallo dos seus Premios Fin de Curso. O xurado destes galardóns outorgou ex aequo o premio Fin de Curso a Pablo Simal e a Iria Aldegunde, que verán as súas obras de debut publicadas por Retranca Editora. Ademais, concedeu mencións de honra a Gabriel Esteban e Ania Lorena, que obteñen opción a un contrato editorial co mesma firma.

As Plumas Douradas deste curso foron para Lucía Rodríguez Cid, Ánxel Carramal e Alba Chan Outeda, mentres que Manuel Alejandro Vázquez Búa, Alek Alonso, Aida Donoso e Inés Suárez levaron cadansúa pluma de prata.

O comité de selección dos galardóns estivo conformado por Miguel Porto, Fernando Llor, Kohell, Zaida Novoa, Fonso Barreiro e Kiko da Silva, docentes da escola. A entrega dos premios desenvolverase o vindeiro 13 de agosto no marco do festival Viñetas desde o Atlántico.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Garaxe Hermético, Retranca, Banda deseñada, Pontevedra...