Fernando Franco. Gonzalo Núñez / Faro de Vigo
O xornalista vigués Fernando Franco, nacido en Vigo en 1951 morreu en Salamanca aos 75 anos de idade. Fernando Franco desenvolveu unha dilatada carreira no xornalismo local, acompañando a evolución e a transformación de Vigo desde os anos 70 e vivindo en primeira persoa fenómenos culturais destacados como a movida viguesa ou o auxe da moda galega entre os anos 80 e 90. Franco é un dos poucos xornalistas do país que podían dique desempeñou a crónica social, en artigos nos que representaba o pulso da cidade a través de pequenas pezas imprescindibles para saber o que se cocía en Vigo e sobre todo para construír un espírito da cidade. A súa morte espertou unánimes lembranzas positivas por parte dos axentes políticos e sociais da cidade. O seu traballo fica en miles de artigos de prensa, primeiro en El Pope Informe Gallego, onde comezou en 1976 e en diferentes publicacións, como o libro 40 anos de moda en Galicia (Guiverny, 2002), no que retrataba o "espectacular despegue do sector da moda" e que Franco situou nun contexto xeral de emerxencia das artes creativas no país, canda e a biografía Enrique Peinador Lines. Burgués, empresario, galeguista, mecenas e filántropo (Ir Indo, 2006). O seu coñecemento dese periodo singular da historia viguesa que foi a Movida foi retratado no suplemento cultural Pharo the Be Go (1984-1986), un suplemento ideado por Pilar Comesaña onde narraba o ambiente creativo e vital da movida.




