Arte: Iago Comedeiro
No ano 2020 a comunidade de Hip-Hop galega, a través dun foro propio elixía a canción 'Rugir da Jungla' de Rebeliom do Inframundo como a mellor canción de Hip Hop na nosa lingua de 2019. Desde aquela a formación presentou outro álbum 'Amor ou barbarie' (Galunk Producións, 2023). Agora a banda ven de presentar, tras varios adiantos, o que é o seu quinto álbum, Orgulho (Galunk Producións, 2026), unha obra que condensa máis dunha década de traballo, constancia e compromiso e na que saca peito por moitos motivos que van do íntimo ao colectivo.

Efectivamente ese orgullo proxéctase na actitude e nas letras, órgullo de raíces, pero tamén orgullo propio, orgullo de clase e de colectivo, de historia, de devanceiras e de ter chegado ata aquí. Trasládase este posicionamento con rabia e paixón ao longo da ducia de temas que conforman este álbum e que pronto terá a súa estrea en directo en Barcelona, o venres 6 de marzo. Bilbao e Madrid (Vallekas) serán as seguintes paradas e será xa en maio, o día 8, cando a Sala Capitol de Santiago de Compostela poderá acoller a presentación na súa terra, na que será unha noite moi especial na que o 'Orgulho' será compartido coa súa comunidade.



