A comunidade Hip Hop em galego seleccionou os mellores temas de 2019

Rugir da Jungla de Rebeliom no Inframundo foi escolleita como a mellor canción deste estilo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capas de álbums publicados en 2019. Fonte: Hip Hop em galego

Capas de álbums publicados en 2019. Fonte: Hip Hop em galego

O traballo de Rebeliom no Inframundo co produtor Baghira no tema Rugir da Jungla valeulle ao grupo erixirse como autores da mellor canción de Hip Hop na nosa lingua de 2019. A comunidade Hip Hop em galego escolleu mediante votación e interacción nas redes os seus dez temas favoritos entre unha selección. Segundo sinalan os responsables desta comunidade virtual, Rugir da Jungla supón "a mostra total do potencial e do impacto que supón a Rebeliom do Inframundo para a cultura galega", cun "traballo audivisual que con maiusculas podemos dicir que representa a CALIDADE do rap en galego".

Canda a estes, Voz da Resistencia, de SonDaRúa e A catapulta de DIOS KE TE CREW ocupan o segundo e o terceiro posto da selección dun ano no que, segundo proclama a páxina, o Hip Hop na nosa lingua "incrementou a súa representación e a súa produción musical, superando os 180 temas grazas a diversas artistas e grupos, mc's, dj's e produtores".

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación

Claves