Mar Barral no seu obradoiro. Fonte: Artesanía de Galicia
Este 1 de marzo falecía, aos 56 anos de idade, Mar Barral, recoñecida ceramista orixinaria de Carril. Nos seus 30 anos de experiencia no oficio, desde o seu obradoiro de Catoira, desenvolveu proposta experimentais arredor desta técnica artesá. Entre outras propostas, Barral adoptou a técnica xaponesa do raku, que lle outorga un acabado metalizado ás pezas, ou técnicas para integrar follas e elementos vexetais na cerámica.
As súas creación incluíron tamén xoias de cerámica ou gravados en seda. O funeral celébrase este martes 3 de marzo ás 11 horas na igrexa de Santiago de Carril. A Fundación Artesanía de Galicia lamentou o pasamento nas súas redes sociais.


