Acisclo Manzano reinterpreta o Pórtico da Gloria en Bosquexos para Mateo

A exposición pode verse ata o vindeiro 26 de xuño no Museo das Peregrinacións e de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: exposiciónarte
Compartir:
Acisclo Manzano reinterpreta o Pórtico da Gloria en Bosquexos para Mateo

O Museo das Peregrinacións e de Santiago, na capital galega, inauguraba este 24 de febreiro a  exposición Bosquexos para Mateo. Medio cento de pezas de barro e debuxos compoñen esta proposta na que escultor ourensán Acisclo Manzano reinterpreta diferentes pezas do Pórtico da Gloria.

Deste xeito, o artista convida a se achegar deste dunha perspectiva contemporánea ao que puido ser o obradoiro do Mestre Mateo á hora de elaborar a coñecida peza da Catedral de Santiago. Figuras de apóstolos, músicos, anxos e personaxes bíblicos atópanse nesta iniciativa que se pode ver ata o vindeiro 26 de xuño.

 

Manoel Carrete comisaría un proxecto no que se presenta "unha obra neofigurativa de esculturas con formas humanas deconstruídas ou fragmentadas, tornadas, con incisións, buracos, incrustacións que reinterpretan o clásico dando lugar a unha vangarda de volumes no que o principal material é o barro sen esquecer os bosquexos no papel", segundo apunta a presentación da mostra.

 

Galería: Catro obras de Bosquexos para Mateo

Adán e Eva. Bosquexos para Mateo. Fonte: Museo das Peregrinacións
1/4
Santiago. Bosquexos para Mateo. Fonte: Museo das Peregrinacións
2/4
Columna. Bosquexos para Mateo. Fonte: Museo das Peregrinacións
3/4
Apóstolo. Bosquexos para Mateo. Fonte: Museo das Peregrinacións
4/4
Que che parece esta nova?
155 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Acisclo Manzano, Pórtico da Gloria, Pórtico da Gloria, Museo das Peregrinacións...