A escritora Eva Veiga é a encargada neste 2026 de redactar o manifesto que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) publica cada 23 de febreiro na celebración do Día de Rosalía de Castro. Desta volta, a autora de Pontedeume escribe ao fío do lema deste ano: "Mais eles tamén perdidos", e no texto denuncia o maltrato os migrantes, o incremento do autoritarismo e a "acumulación obscena dun reducido grupo de magnates, multinacionais ou fondos voitres (...) provocando desigualdade, cambio climático, explotacón laboral, escravitude e guerras". Veiga reclama unha "humanidade responsable que coida da infancia e da educación humanista". O texto pode ser descargado, canda outros materiais, do web da AELG.
O 23 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a AELG propón que agasallemos "cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas", ademais de alentar á celebración da data no ensino. O acto central será o domingo 22 de febreiro ás 12h, no Panteón de Galegos Ilustres, onde Eva Veiga dará lectura ao texto do manifesto.



