O pavillón español da Bienal de Arquitectura de Venecia móntase no CGAC en Santiago

A montaxe pon en valor o emprego de recursos locais, rexenerativos e de baixa pegada de carbono na arquitecturas máis novas

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O pavillón español da Bienal de Arquitectura de Venecia móntase no CGAC en Santiago

A exposición 'Internalities. Arquitecturas para un equilibrio territorial' inicia a programación do 2026 no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela e chega a Galicia tras representar a España na 19ª edición Bienal de Arquitectura de Venecia 2025. Os comisarios da exposición son os arquitectos galegos Manuel Bouzas e Roi Salgueiro. A montaxe poderá visitarse ata o 3 de maio.

O museo da Xunta inicia a programación anual con este proxecto impulsado polo Goberno do Estado en colaboración con Acción Cultural Española. Trátase dunha mostra que pon en valor o emprego de recursos locais, rexenerativos e de baixa pegada de carbono dunha nova xeración de estudos de arquitectura españois. 'Internalities. Arquitecturas para un equilibrio territorial', divídese en dúas áreas. A primeira delas, titulada Balance, inclúe 16 obras construídas de arquitectura, paisaxismo e espazo público. O segundo espazo desenvolve investigacións sobre cinco eixos fundamentais para reducir as emisións do sector da construción: materiais, oficios, enerxías, residuos e emisións. Cada un destes eidos explórase en relación con cinco xeografías diferentes da península ibérica e está coordinado por un equipo de arquitectos-investigadores especializados neses temas e áreas xeográficas.

Que che parece esta nova?
286 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Manuel Bouzas, Arte Contemporánea, Santiago de Compostela...