Abre o Pavillón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia

O proxecto, que se pode ver ata o vindeiro mes de novembro, conta cunha destacada presenza galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Exposición no Pavillón de España na Bienal de Venecia. Fonte: Internalities

Exposición no Pavillón de España na Bienal de Venecia. Fonte: Internalities

Este 10 de maio abría as súas portas o Pavillón de España na afamada Bienal de Arquitectura de Venecia. O galegos Roi Salgueiro e Manuel Bouzas comisarían este espazo, no que se presenta o proxecto Internalities: Architectures for Territorial Equilibrium Esta iniciativa aborda mediante "proxectos, investigacións e fotografías, o emprego de recursos locais, rexenerativos e de baixa pegada de carbono".

A exposición que ocupa o espazo central do pavillón amosa 16 proxectos do estado que traballan a arquitectura a través destas coordenadas. Entre eles, está proposta do estudio compostelán Abalo Alonso para a sede da Universidade de Vigo no Berbés, unha instalación que rehabilitou tres construcións neste espazo histórico.

Canda isto, nunha das salas laterais, os investigadores Aurora Armental e Stefano Ciurlo, canda ao fotógrafo Luis Díaz Díaz presentan as súas reflexións sobre a transición energética a través da xeración eólica e hidroeléctrica de enerxía coas súas implicacións na bacía do del río Eume. Ademais, a exposición está integramente elaborada con madeira procedente de montes veciñais de mancomún do noso país co apoio da empresa FINSA. A Bienal, considerada un dos principais encontros mundiais da disciplina, está aberta ata o vindeiro 23 de novembro.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Manuel Bouzas, Universidade de Vigo, Eume

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares