Alberto Ruíz de Samaniego presenta a súa visión do pavillón que levará a Venecia

Venecia, máis preto

22/5/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Ministerio de Asuntos Exteriores anunciou o pasado mes de novembro que Alberto Ruiz de Samaniego (Fene, 1966) era o comisario do pavillón de España na edición da Bienal de Venecia que terá lugar do 10 de xuño ao 21 de novembro. Esta mañá o crítico galego presentou en Madrid o proxecto expositivo que leva por título “Paradiso Spezzato-Paraíso fragamentado”. Un proxecto para o que conta cos artistas galegos Manuel Vilariño e Rubén Ramos Balsa, ademais do cineasta José Luís Guerín e Los Torreznos (Jaime Vallaure e Rafael Lamata). A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, que asistiu á presentación, anunciou que o seu departamento apoia esta iniciativa con 60.000 euros.

Máis información no web da Bienal, no da Axencia Española de Cooperación Internacional e no da Consellaría de Cultura

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Ruíz de Samaniego, Rubén Ramos Balsa, Ánxela Bugallo, Manuel Vilariño...