A arquitectura galega exhíbese na Bienal de Venecia

O galego Carlos Quintáns é un dos comisarios do pavillón español

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
A arquitectura galega exhíbese na Bienal de Venecia

A Bienal de Arquitectura de Venecia abre este sábado 28 de maio a súa nova edición. Ata o vindeiro 27 de novembro 63 países amosarán as súas visión sobre esta disciplina. Entre eles, e integrado no pavillón español, haberá unha importante representación de proxectos galegos. O muxián Carlos Quintáns e mais o madrileño Iñaqui Carnicero comisarian no espazo estatal desta mostra a mostra Unfinished na que queren reflexionar sobre as virtudes das arquitecturas sen rematar.

No marco desta proposta poden verse diferentes propostas do noso país, como é o Museo das Peregrinacións de Manuel Gallego, o mirador da Pedra da Rá (Ribeira) de Carlos Seoane, a piscina de Maceda de Trespés Arquitectos, unha vivenda en Tebra de Piñera e Irisarri ou a remodelación do porto de Malpica, de Creus e Carrasco. Canda a eles, entre as exposicións fotográficas que se poden ver no pavillón, o colectivo Cadelas Verdes amosará a súa serie Spanish Dream, no que explora o universo das obras inacabadas, mentres Nicolás Combarro achega o seu traballo Arquitectura y resistencia. Tamén terán presenza na Bienal o estudio Creus e Carrasco e Elsa Urquijo no marco da exposición Time-Space-Existence da GAA-Foundation.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Bienal de Venecia, Manuel Gallego, Exposicións...