Morre o xornalista e profesor Manuel Fernández Areal

Foi o primeiro decano da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Manuel Fernández Areal

Manuel Fernández Areal

Manuel Fernández Areal, profesor emérito da universidade de Vigo, faleceu en Vigo este pasado venres aos 95 anos de idade. Fernández Areal foi xornalista e doutor en Dereito cunha dilatada traxectoria profesional e académica. Fernández Areal procedía da Universidad de La Laguna (1994) para constituír como primeiro decano o que se coñecía entonces como Facultade de Ciencias Sociais. Fernández Areal naceu en Ferrol en 1930 e desenvolveu unha longa traxectoria no xornalismo, como director dos diarios Segre de Lleida, Diario regional de Valladolid e dos semanarios La Actualidad Española e Mundo Internacional. Foi presidente da Sociedad Española de Periodística e autor dunha trintena de libros.

Que che parece esta nova?
180 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Fernández Areal, Universidade de Vigo, Xornalismo, Ferrol...

Claves

Protagonistas
Conceptos