Unha escultura de Francisco Leiro adornará o Areal Vigués

De bañistas e galerías

"O bañista do Areal" é a nova escultura de Francisco Leiro que, dentro do proxecto "Abrir Vigo ó Mar" adornará as novas instalacións da zona do Areal. A escultura forma parte, co "Nadador" da Praza da Estrela, dun conxunto escultórico. Mentres, vimos de coñecer as programacións de varias galerías de arte que abren estes días as súas tempadas de exposición.

O bañista nadador




A escultura "O bañista do Areal" que está situada estes días no peirao da Laxe, á agarda do seu emprazamento definitivo, amosa un home de grandes dimensións que se está a megullar no cemento.
Con esta obra, o escultor Francisco Leiro pretende rendir unha homenaxe ás praias que existían na zona do Areal e que desapareceron cos recheos.
A escultura combina o metal para o tronco e a cabeza coa madeira para as pernas, buscando así unha sensación de contraste e de metamorfose.
"O bañista" forma, co "Nadador" da Praza da Estrela, un conxunto escultórico que simboliza unha transformación en dúas secuencias. O bañista que se mergulla transfórmase no "Nadador" que xorde do chan.












Galerías


Coa chegada do outono comeza a tempada expositiva en diferentes galerías galegas. Así, a galería Trinta de Compostela abre hoxe a mostra do catlán Eduardo Resbier, que inclúe unha serie de debuxos representativos do conxunto da súa obra, na que se mesturan conceptos de fotografía e de pintura.
Tamén para o vindeiro cinco de outubro a gaelría Eme-C* de Compostela abre a súa tempada coa mostra "Entre Liñas" do brasileiro Edmundo Paz, que amosa na súa pintura unha pluralidade de eidos e de conceptos ó tempo que xoga coa percepción sobre a propia obra.