Abren ao público as galerías do Castro en Vigo

Un programa de visitas guiadas permite coñecer a musealización destas estruturas defensivas ata o 26 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, visitan as galerías do Castro. Fonte: Concello de Vigo.

Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, visitan as galerías do Castro. Fonte: Concello de Vigo.

Logo dun prolongado traballo de recuperación e de musealización, o Concello de Vigo activaba este 15 de maio o servizo de reservas para coñecer as galerías do Castro. Este conxunto defensivo é accesible por vez primeira ao público mediante un programa de visitas guiadas e gratuítas para o que xa se pode solicitar praza e que se prolongará ata o 26 de maio.

Nas visitas, para alén de percorrer os máis de 60 metros de galerías subterráneas do conxunto, proxeccións audiovisuais e paneis expositivos permiten coñecer polo miúdo esta fortaleza e feitos históricos vencellados a ela como o bombardeo de 1719 ou a batalla de Rande. Os traballos de musealización permitiron recuperar tamén como espazo expositivo o antigo polvorín do complexo.

Para o verán está prevista a apertura ao público xeral deste conxunto histórico. O conxunto de galerías e fortificacións que se conservan na actualidade datan dos séculos XVII e XVIII e foron construídas sobre unha fortaleza medieval situada no mesmo emprazamento.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Rande

Claves

Entidades
Lugares