Os V Premios Alfredo Iglesias recoñecen 17 personalidades da cultura do país

Teo acolle a entrega destes galardóns o vindeiro 16 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O hotel Congreso de Montouto (Teo) acolle o vindeiro 16 de xaneiro o acto de entrega da quinta xeira dos Premios Alfredo Iglesias. Estes galardóns recoñecen cada ano o labor cultural e o compromiso social de persoas e entidades do país, e contan este ano cunha nómina de 17 personalidades.

Deste xeito, Paula Carballeira obtivo o premio na categoría de escrita, mentres Wöyza levou o de música, o Museo do Pobo leva o premio de Acción Patrimonial e La Central Heladera fíxose co de Gastronomía. Tareixa Navaza no apartado de comunicación, Katuxa Platero na Moda, Esther Estévez en Música e Kiko da Silva en Ilustración fan tamén parte do palmarés.

Jorge Mira, que leva o premio de Ciencia, Fuco Reyes, que recollerá o de Artes, e Idoia Cuesta, galardoada en Artesanía, súmanse á Casa Museo Rosalía de Castro, que conseguiu o de Acción Cultural, á Fundación Dawn Compostela, galardón de Acción Social, e a Leila Nachawati, premio en Acción Solidaria. O recoñecemento á Memoria homenaxeou a traxectoria de José Luis Míguez Abucide, mentres Eiris Makencie foi Artista Revelación e Marisa Prada Personaxe Revelación.

Os galardóns, creados pola extinta Revista Coralia levan o nome do fotógrafo e escritor ourensán que faleceu en Teo en 2021.

Que che parece esta nova?
777 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teo, Esther Estévez, Paula Carballeira, Kiko da Silva...