Os Premios Alfredo Iglesias, creados pola desaparecida revista Coralia, mantéñense un ano máis, este é o cuarto, recoñecendo o labor cultural e o compromiso social de persoas destacadas . Este ano os galardón impulsados por Álex Regueiro entregaranse a 16 persoas ou colectivos nun acto que terá lugar o vindeiro 16 de xaneiro. Os premiados son: María Pilar García Negro, na Escrita; A Banda da Loba, en Música; Manuel Gago, en Acción Patrimonial; Avelino González, como Comunicador; Olalla Diéguez Boo, en ilustración; a Asociación Cultural A Mámoa, o de Acción Cultural; José Pereira Uzal, o de Ciencia; Ana Romero Masiá, o de Artes; Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, o de Acción Solidaria; Aspamite, o de Acción Social; Oli Xiráldez, o de Artesanía; Quintana Martelo, o de Traxectoria; e Moncho Díaz, en ausencia, integrante de Fuxan os Ventos, o Premio á Memoria. A Artista Revelación desta edición dos Alfredo Iglesias é Hydn, e os Personaxes do Ano son nesta ocasión Víctor Manuel Oujo e Ángel Currás. Na sección de Moda, a gañadora foi Dolores Couceiro; Adegas Vía Romana en Gastronomía; mentres que os Premios Mil Primaveras levan á súa vez un premio como iniciativa en Promoción da Lingua.