Castro Caldelas homenaxea a lingua e a cultura nos primeiros Premios do Foro do Bo Burgo

A igrexa do Burgo acolle o acto de entrega destes galardóns o 11 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Castro Caldelas homenaxea a lingua e a cultura nos primeiros Premios do Foro do Bo Burgo

A igrexa de Santa María do Burgo, situada no Concello de Castro Caldelas, acolle este 11 de novembro o acto de entrega dos primeiros Premios do Foro do Bo Burgo. O Concello e a Parroquia do Burgo organizan estes galardóns, que homenaxean "as persoas físicas e xurídicas que defenden a nosa lingua e as nosas tradicións, así como todo o que se relacione coas nosas terras e xente".

O premios nacen a coincidir co 795 aniversario do primeiro texto coñecido na nosa lingua, o Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas, "como unha reivindicación da nosa lingua, por tal o recoñecemento de O Burgo e por extensión de Castro Caldelas como 'berce do galego'".

Unha peza da pintora caldelá Maite Vázquez constitúe a dotación destes premios, que na súa primeira xeira foron para o doutor Eduardo López Collazo, a Fundación Vicente Risco, a escritora Helena Villar Janeiro, o Arcebispo da Diócese de Santiago Monseñor Francisco José Prieto Fernández e mais a directora xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Insua.

A Escola Municipal de Música e un concerto de Marcelo Dobode achegarán a ambientación musical a un acto no que o avogado e historiador Manuel Carrete realizará unha intervención. O evento finalizará cun magosto no pósito do Burgo.

Que che parece esta nova?
124 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro Caldelas, Helena Villar, José Prieto, Vicente Risco...