A Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura, mantén aberta a exposición 'As mulleres de Castelao', coa que a Xunta de Galicia despide o ano no que se homenaxeou o intelectual de Rianxo. Trátase dunha mostra que pretende achegar unha visión sobre o persoeiro a través de persoas que o acompañaron no seu devir artístico, político e persoal. Deste xeito, abrangue desde persoas do seu círculo familiar máis próximo ata a recoñecida artista Maruxa Villanueva ou María Docampo, que foi a súa tradutora en Nova York.
A mostra, que poderá visitarse ata finais de xaneiro de 2026, comeza explorando a presenza da nai, Joaquina Castelao, a través de fotos familiares que se complementan con documentos da infancia de Daniel e debuxos que representan a influencia materna. A segunda vitrina abrangue a Virxinia Pereira, muller e compañeira inseparable do artista ata a súa morte, centrándose na dimensión máis íntima de Castelao. A terceira pon o foco na súa irmá Teresa, encargada de conservar a súa memoria e facer fronte ás vicisitudes legais que afectaron aos dereitos de autor da súa obra.
A exposición, comisariada polo técnico da Biblioteca de Galicia Fernando Racamán Solla, tamén recupera a traxectoria de María Docampo, quen exerceu como tradutora de Castelao durante a súa estancia en Nova York en 1938. Diversas fontes académicas apuntan á posibilidade de que Docampo actuase como informante dos servizos de intelixencia dos Estados Unidos, no contexto do seguimento da actividade política de Castelao por parte das autoridades norteamericanas.
A última vitrina da mostra está dedicada a Maruxa Villanueva, unha recoñecida artista que traballou arreo no exilio para enxalzar a cultura galega. Durante a súa estancia en Buenos Aires, trabou amizade con Castelao e levou aos escenarios a súa obra 'Os vellos non deben namorarse'. Ao regresar a Galicia, a pesar das dificultades, continuou exercendo o seu labor cultural, centrando boa parte do seu traballo arredor de Rosalía de Castro e colaborando activamente na Casa Museo da escritora. Ao longo da súa vida recibiu numerosos recoñecementos, entre eles a Medalla Castelao e, de xeito póstumo, o premio María Casares de teatro.