María Barcala é a galardoada co premio de interpretación Maruxa Villanueva

A actriz leva tres décadas a traballar e é unha das fundadora de Teatro do Atlántico

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
María Barcala. Fotografía do web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

María Barcala. Fotografía do web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

O xurado do Premio de Interpretación Maruxa Villanueva, que convoca anualmente o Concello de Padrón, outorgáballe onte a María Barcala o galardón na súa décimo quinta edición. A actriz, que leva nas táboas desde o final dos anos setenta, foi unha das fundadoras de Teatro do Atlántico, e continúa vencellada a esta compañía deste hai trinta anos. Ademais ten participado en diferentes montaxes do Centro Dramático Galego e en producións audiovisuais. Para alén de recoñecer a súa traxectoria profesional, o xurado destacou tamén a "elegancia e distinción" de Barcala sobre os escenarios. O galardón, que consta dun diploma e dunha busto de bronce da acrtiz que lle dá nome, recoñece o traballo de actores e actrices que participaron nun espectáculo teatral galego no ano en que se entrega ou unha traxectoria recoñecida o ámbito escénico.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Maruxa Villanueva, Teatro, Teatro do Atlántico, Montaxes...