O cambiante rostro de Rosalía

Crean un Museo virtual de iconografía de Rosalía de Castro

29/12/2025 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
51 lecturas | Compartido 0 veces

Panel do museo. Fonte: USC

Se hai unha personaxe histórica representada con diversidade de xeitos e estilos distintos, esa é a poeta Rosalía de Castro. Para analizar e expoñer a diversidade de representacións de Rosalía, as intencións e as épocas, a Cátedra Rosalía de Castro da USC publicou o Museo virtual de iconografía dedicado á autoa. "Trátase do primeiro espazo dixital integramente dedicado á iconografía rosaliana, pensado tanto para a investigación como para a divulgación e a educación patrimonial", explican desde a cátedra. O museo organízase a través dun "extenso e heteroxéneo corpus de fontes visuais" que van desde o século XIX ata a actualidade. Iso "permite rastrexar distintos réximes de representación e estratexias de memorialización arredor da autora", explican. O museo foi elaborado pola investigadora Laura Camino dentro do proxecto de investigación "Rosalía 2.0: catalogación, estudo e dixitalización da iconografía sobre Rosalía de Castro", desenvolvido entre 2024 e 2025 cunha bolsa de investigación da Deputación da Coruña.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves