
Co solsticio de inverno chegou a mala nova da morte dun dos grandes intérpretes secundarios do noso audiovisual. En Pontevedra falecÃa aos 78 anos Celso Bugallo Aguiar (Vilalonga, Pontevedra, 1947). O actor, un dos secundarios máis emblemáticos e caracterÃsticos, que tomaba a pantalla coas súas aparicións, xa fose con moitas ou poucas liñas, grazas ao seu manexo maxistral da expresión corporal, deixounos co pesar de todo o sector, compañeiros e compañeiras en moitas producións televisivas ou cinematográficas na súa longa traxectoria. No seu extenso palmarés persoal, o actor contaba co Premio Mestre Mateo 2002 ao mellor actor de reparto pola súa participación na pelÃcula de Fernando León de Aranoa, 'Los lunes al sol', rodada en Vigo e na que compartÃa pantalla con LuÃs Tosar e Javier bardém. Pouco despois verÃa afianzada a súa proxección no cine estatal grazas ao seu traballo en 'Mar adentro' de Amenabar, tamén rodada en Galicia e tamén compartida con Javier Bardém e polo que acadou o Galardón ao mellor actor de reparto nos premios Goya do cine español (2005), premio que na categorÃa feminina levou a súa compañeira de produción Mabel Rivera .
Participou en numerosas producións de longametraxes e curtametraxes, tanto galegas coma do resto do Estado, dstacando na súa máis recente filmografÃa unha nova colaboración con fernando León de Aranoa e Javier Bardém en 'El buen patrón' (202) por cuxo traballo foi candidato de novo nos Premios Goya. Malia ser moito máis coñecido pola súa actividade audiovisual nas últimas décadas, Bugallo contaba cunha longa experiencia no teatro. As súas primeiras interpretacións datan dos anos setenta, en Logroño. A finais da década, xa en Galicia, cofundou o grupo de teatro Olimpo. Despois traballou en Madrid, iniciándose ademais no audiovisual. De 1988 a 1992 promoveu en Pontevedra a Aula de Formación de Actores. Co seu pasamento foron moitos os compañeiros de profesión que deixaron en redes sociais o seu bo recordo de ter traballado con el e da pegada que deixou na profesión actoral. A Academia Galega do Audiovisual tivo un recordo para el e a súa familia, lembrándoo como " referente do noso cinema e teatro".