A AELG aprobou nomear aos autores da Asociación de Escritores de Galicia como membros de honra da AELG. A asociación, constituÃda en marzo de 1936, incluÃa a figuras como FermÃn Bouza Brey, Manuel GarcÃa Barros, Aquilino Iglesia Alvariño, Gonzalo López Abente, Ramón Otero Pedrayo ou Xaime Quintanilla. A acción da actividade ficou truncada pola Guerra civil e a posterior represión franquista. "Reivindicamos o inmenso labor feito para a valoración da literatura galega xa desde aquel tempo", explican desde a AELG, "onde se continuaron tecendo os camiños que nos permitiron chegar até hoxe".








