O Ministerio de Cultura ven de facer públicos os resultados da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais en España 2024-2025, un documento de case 600 páxinas que amosa os datos recollidos en máis de 42.000 enquisas efectuadas en todo o Estado a suxeitos de 15 anos en adiante residentes en vivendas familiares. Este traballo preparado pola División de EstadÃstica y Estudios de la SecretarÃa General Técnica ten varias finalidades, por unha parte, avaliar a evolución dos principais indicadores relativos aos hábitos e prácticas culturais dos españois, como seu nome indica e pola outra afondar en outros aspectos relevantes do ámbito cultural, no que respecta a los consumos culturais, que teñen que ver máis cos contextos e o eido familiar. Destes miles de enquisas realizadas, 2.398 delas fixéronse a residentes en Galicia. coa cal son moitos os indicadores que poden ser cuantificados e comparados coa media estatal ou con outras comunidades. Unha das conclusi´`ons xerais que se sacan destes resultados é a confirmación, corroborada noutros estudios, de que os hábitos e consumos culturais xa está recuperados respecto aos anos da pandemia do COVID-19. Os resultados poden consultarse na web do Ministerio de Cultura.
Respecto a Galicia, os datos recollidos no documento colócannos en xeral nunha posición achegada á media estatal na maiorÃa dos indicadores e en ningún caso pechando ou abrindo as listas. AÃnda asà compre sinalar algunhas porcentaxes xa sexa para ben ou para mal. Entre os casos negativos podemos sinalar que o 27% dos suxeitos galegos afirman non ter visitados museos nunca ou case nunca, o que supón estar sete puntos por riba da media estatal nesta ausencia. Semellante situación dáse en canto á asistencia ao teatro, xa que, se a media española de non asistir nunca ou case nunca ao teatro dáse nun 41,1% dos casos, en Galicia esta cifra aumenta en máis de doce puntos ata os 53,4%. Os motivos para non asistir a estas actividades basculan entre a falta de temo, a falta de interese ou a ausencia de oferta na zona onde se reside.
Galicia activa e musical
Pola contra e xa en positivo, segundo os datos tirados por esta enquisa, hai algúns campos nos que os enquisados galegos conseguiron facernos destacar. Un deles é o da participación cultural activa, que se ben moitas actividades colócanos na media española ou lixeiramente por riba amosa unha das porcentaxes máis altas do estado en canto ao apoio de actividades culturais, xa sexa a través do traballo voluntario (un 5,2% fronte a unha media estatal do 3,1%), mediante doazóns (3,2 galego fronte a 2,6 estatal), ou en pertenza a asociacións culturais (8,5 % en galicia, cunha media española 7%). Seguindo os numerosos datos desta enquisa tamén vemos como os noso hábitos e consumos culturais destacan aos galegos como un pobo amante da música. A nosa é unha das comunidades autónoma con máis asistentes a concertos no ano anterior á realización da enquisa: un 38,9% dos enquisados asà o afirma, mentres que a media española sitúase tres puntos máis baixa. Xa se falamos da asistencia a concertos no0 marco de festivais, o documento retrata á perfección o éxito do modelo de festivais tal e como a nosa percepción xa o indicaba. En Galicia contátase unha asistencia a estes eventos do 44,8 por cento dos enquisados, m3entres que a media estatal sitúase no 35,4%. O retrato rápido des Galicia musical complétase co feito de que ata 62,7% dos suxeitos afirman escoitar música todos os dÃas, unha cifra que cae en seis puntos na media española ata o 56,7%.