
Segundo explicaba a coordinadora, como principal obxectivo do centro está analizar "o complexo contexto histórico e socio-cultural no que se desenvolveron e transmitiron as linguas e os seus textos, orais e escritos, como patrimonio que debe ser transferido á sociedade actual para que reafirme a súa propia identidade, a través do coñecemento dos valores culturais do pasado".
En particular o traballo que se desenvolva atenderás as variedades lingüÃsticas e manifestacións literarias derivadas da expansión xeográfica do español, do inglés e do portugués, "asà como a súa convivencia e interacción con linguas e culturas minorizadas como a galega", completaba Alonso. Linguaxe e cognición, competencia lingüÃstica e comunicativa, patrimonio literario, tecnoloxÃas e diversidade preséntanse como os 5 eixes de actividade que prevé desenvolver novo centro.
O iLTIUS congrega persoal investigador que acumula máis de 30 proxectos do Plan Nacional, 2 europeos e 17 autonómicos entre 2019 e 2024, ademais de 14 axudas doutros organismos, cun orzamento de 2 millóns de euros só entre 2021 e 2023. A directora puxo en valor as case 3.000 publicacións e 130 teses doutorais dirixidas por ese mesmo persoal como mostras da solvencia coa que contará o espazo.