Octavio Vázquez estrea en Vigo o seu Piano Quintet

A premiere europea será no auditorio Afundación

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Octavio Vázquez. Foto: Javier Cardenete

Octavio Vázquez. Foto: Javier Cardenete

O compositor Octavio Vázquez fará hoxe a estrea europea, no auditorio Afundación ás 20 horas, de Piano Quintet, a súa nova nova obra. El mesmo estará ao piano, acompañado do cuarteto Opus X, integrado por músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, nunha interpretación coa que se inaugurará a tempada da Sociedade Filharmónica de Vigo. A peza foi estreada orixinalmente no Aspen Music Festival dos estados Unidos en 2021. Vázquez residen en Nova York e é na actualidade un dos compositores galegos máis recoñecidos. Vázquez comezou a traballar nesta idea en 2003 e é, segundo declarou ao Faro de Vigo, unha das pezas que máis tento levou plasmar nunha partitura. A obra ten que ver cos desprazamentos forzosos, a intolerancia e a violencia contra os outros, e Vázquez inspirouse na historia duns xudeus sefarditas que coñeceu en Nova York.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Nova York, Orquestra Sinfónica de Galicia, Faro de Vigo...