O premio Galician Folk Songs recoñece a Octavio Vázquez

O galardón promove a creación de pezas para piano basados en melodías populares

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A primeira edición do premio Galician Folk Songs xa ten gañador. O compositor Octavio Vázquez impúxose entre as 14 obras que presentaron once autores a partir de pezas da música popular do país. Vázquez presentou ao certame a obra Three Galician Pieces, na que recupera fragmentos da Foliada de Tenorio, do Alalá de Padrón e da Muiñeira de Chantada. O compositor Javier Otero Neira e o selo Landra Music son os organizadores deste certame, dotado cun primeiro premio de 500 euros, e que pretende estimular a composición de pezas para piano baseadas na nosa tradición musical.

Canda a Vázquez resultaron recoñecidos no certame Daniel Ariño cun segundo premio e María Mendoza co terceiro. Ademais, o xurado outorgoulle o premio Academia Musical Berenguela á compositora Ana Silva por Historia dun amor sen resposta e a morte que se asexa. Fantasía para piano sobre o tema de Lela. As pezas galardoadas editaranse no disco con partituras Galician Folk Songs.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Chantada, Padrón, Morte

Claves

Conceptos
Lugares