O compositor Octavio Vázquez estrea a súa nova obra mentres o pianista David Garrido actúa en Ourense

Músicas internacionais

18/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Dous dos nomes mais internacionais da nosa música clásica coinciden hoxe no país. Por unha banda a Orquestra Sinfónica de Galicia estrea esta noite “Styx”, a nova obra do compositor Octavio Vázquez. Pola súa banda, o pianista David Garrido interpretará esta noite no Liceo ourensán pezas clásicas de Mozart, Beethoven ou Liszt entre outros. Esta é a primeira vez que o intérprete actúa neste escenario desde 1996, logo de ter visitado países coma Estados Unidos ou Venezuela.

Máis información en La Voz de Galicia e na edición de hoxe de La Región

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Beethoven, Mozart, Orquestra Sinfónica de Galicia...