A Filharmonía estrea unha obra de Octavio Vázquez, o compositor galego afincado en Nova York

O regreso de Octavio

14/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Na mitoloxía, Hermes era o fillo de Zeus e deus da sabedoría e dos ladróns. Pero esta noite, Hermes é o título da obra que interpreta a Real Filharmonía. Ten de especial dúas cousas: en primeiro lugar que se trata dunha composición feita por Octavio Vázquez, un galego nado na localidade ourensá de San Xoán de Río (Ourense) hai 32 anos pero que vive e traballa en Nova York; en segundo lugar, que unha productora canadiense, Lucem Films, estará no auditorio de Galicia para gravar o concerto. Forma parte dun proxecto para elaborar un documental de hora e media sobre o artista e que se estreará nos Estados Unidos no 2006.

Máis información sobre as actuacións esta noite en La Voz de Galicia e sobre o compositor no seu web

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, San Xoán, Documental, Deus...