Xa teñen destinatarios os galardóns dos XIV Premios Rebulir da Cultura Galega organizados pola Asociación Cultural Rebulir de Ramirás (Ourense), que organiza tamén o festival do mesmo nome. Nesta edición os recoñecementos á contribución de referentes da música, das artes escénicas, da comunicación e da emigración á posta en valor da cultura galega levan os nomes da agrupación feminina Malvela (CategorÃa Música Galega), a actriz Cristina Castaño (Artes escénicas) e o programa da TVG, Luar (categorÃa homenaxe). Ademais nesta edición creouse a Mención HonorÃfica "Rogelio GarcÃa Yáñez" á emigración galega., que neste caso recaerá sobre a emigración galega en Euskadi, representada polos seus centros.
O interese que esperta esta convocatoria quedou patente no récord de participación acadado en 2025, con preto de 300 propostas recibidas, cifra que constitúe un fito na historia destes premios. Para avaliar as candidaturas, o xurado contou cun total de 12 membros, integrados por profesionais de distintos ámbitos vinculados á cultura galega: representantes de institucións públicas (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Concello de Ramirás), docentes universitarios, artistas, actores e actrices, comunicadores audiovisuais e persoas dinamizadoras culturais. Un tribunal diverso que garante unha visión ampla e plural da realidade cultural do paÃs. A gala de entrega celebrarase o sábado 20 de decembro, ás 19:00 horas, no marco do Festival Internacional Rebulir (FIR_2025), no Complexo Rogelio GarcÃa Yáñez de O Picouto, Ramirás.