A organización do Festival Internacional Rebulir deu a coñecer este domingo 15 de setembro o fallo dos XIII Premios Rebulir da Cultura Galega. O grupo Treixadura foi recoñecido na categoría de música galega "despois de mais de 30 anos de traxectoria, por difundir, respectar e poñer en valor a música de raíz", mentres na de artes escénicas o galardón foi para a actriz Isabel Risco "pola súa dilatada traxectoria no mundo da interpretación con diferentes públicos e rexistros".
A organización dos premios recoñeceu tamén a Asociación de Gaiteiros/as Galegas/os na categoría de homenaxe "por conservar, defender e velar pola tradición galega como símbolo de identidade colectiva". Finalmente a emigración galega en Cataluña recibiu a Mención Honorífica destes galardóns "polo mantemento e promoción da cultura galega no exterior".
O comité de selección outorgou os premios estaba composta pola presidencia da Asociación Cultural Rebulir Sandra González Sousa, Alexandre Sotelino Losada, director artístico do festival, e os vogais Beatriz Fernández Fernández, Marcos Vázquez Guzmán, Isabel Gil Álvarez, Manuel Edreira Buela, Sara Fraga García, Eva Tato González, Galicia Gutiérrez, Alejandro Lago Barciela, Iris Justo Rodríguez e Susana Durán González.
O acto de entrega dos galardóns celebrarase o 21 de Decembro no marco da Gala Central do FIR_2024 no Picouto (Concello de Ramirás). Os Premios Rebulir nacen en 2012 "como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz".