Rebulir premia a Fuxan os Ventos, Celso Fernández Sanmartín e Méndez Ferrín

Serán entregados o 17 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O xurado do premio Rebulir da Cultura Galega acordou conceder este ano os seus galardóns a Fuxan os Ventos, "pola súa dilatada traxectoria no eido da música tradicional e popular", a Celso Fernández Sanmartín, "por preservar e difundir a tradición oral galega desde o respecto" e a Xosé Luis Méndez Ferrín, "por ser un dos máximos expoñentes da literatura galega contemporánea", nas categorías de Música Galega, Artes Escénicas e Homenaxe respectivamente. Os Premios Rebulir da Cultura Galega concédense anualmente desde 2012 por parte do Festival Internacional Rebulir.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Fuxan os ventos, Tradición oral, Artes Escénicas...